O Concello de Pontedeume anunciou o inicio das obras de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo da Graña, un paso importante para modernizar as infraestruturas municipais e garantir un servizo máis eficiente para a veciñanza.
Estas actuacións veñen complementar ás aprobadas recentemente en pleno, que inclúen a renovación dos pavimentos e a substitución integral das redes de saneamento e abastecemento no treito comprendido entre Esteiro e A Graña. Estes últimos traballos permanecen á espera das autorizacións sectoriais preceptivas para poder iniciarse.



