O goberno de Cedeira habilita unha parcela de 350 metros cadrados como novo aparcadoiro

O Concello realizou unhas obras por importe de 5.800 euros no terreo situado xunto á fonte de Fernando Lago
fotoaparcadoiro
PUBLICIDAD

O Concello de Cedeira acaba de realizar unhas obras de adecuación do terreo municipal situado xunto á fonte de Fernando Lago para facilitar o seu uso como aparcadoiro. Son uns 350 metros cadrados nos que xa adoitaban estacionar os coches, aínda que a superficie se atopaba en malas condicións e a choiva causaba habitualmente escorras e fochancas.

A empresa Villasuso Ortegal executou estes traballos, que tiveron un presuposto de 5.808 euros.. A intervención consistiu no acondicionamento do terreo con medios mecánicos e a posterior aplicación dunha capa de rego asfáltico con aportación de áridos, o que fará a solución máis duradeira e axeitada para o seu uso como aparcadoiro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.