BNG e Cofer analizan a situación socioeconómica da comarca en busca de solucións

A crise do naval, a descolalización da planta de Gamesa ou a falla de produtividade marisqueira foron algúns dos asuntos que se trataron
EcV6DDIXQAIN5bv
PUBLICIDAD

A responsable comarcal do BNG, Mercedes Tobío, e o deputado no Parlamento Galego, Mon Fernández, mantiveron unha reunión -desenvolvida por vía telemática- con Cristóbal Dobarro, presidente de COFER, na que por parte do BNG trasladaron as diferentes iniciativas que están defendendo no Parlamento.

En primeiro lugar expuxeron as iniciativas relacionadas coa situación extractiva da ría de Ferrol, con un volume de produción no 10% do que tiña hai 5 anos, e polo tanto «nunha situación de colapso, con moita xente a ser expulsada do sector». Unha situación que, denuncia o BNG, contrasta co enorme potencial como xerador de emprego e riqueza, precisamente na liña do novo paradigma económico que se anuncia por parte de todas as institucións.

En segundo lugar comentaron a situación da fábrica de Siemens-Gamesa nas Somozas, que ás portas dun novo boom de instalación de parques eólicos en Galicia está ameazada por unha deslocalización da produción cara Portugal. Neste sentido comunicaron a presentación dunha iniciativa no Parlamento, que se discutirá o vindeiro mércores, na que defenderán que a autorización das instalacións de parques deba estar vinculada á promoción de plans industriais que garantan emprego e valor engadido nesta comunidade.

En último lugar, pero de xeito máis demorado pola súa relevancia, trasladaron a súa preocupación pola situación do sector naval, sobre todo pola renuncia á construción naval civil por parte do PP e do PSOE, en contra do que fixeron os estados centrais da UE, «auténticos beneficiarios desta renuncia que para Ferrol supuxo unha situación de crise e declive permanente», lamentaron os nacionalista. A este respecto lamentaron que no último debate no Parlamento sobre Navantia a posición do PP fose votar en contra, mentres o PSOE se abstivo.

Neste sentido chamaron a atención sobre o «importante nivel de emprego e de desenvolvemento industrial que este sector supón nos países europeos que si protexen a súa construción naval, mentres na nosa comarca se aposta en exclusiva polo mercado militar, incapaz de garantir emprego estable nin suficiente para reverter a crise comarcal».

Por outra banda tamén amosaron preocupación pola robotización de procesos que todo o mundo reivindica «sen preocuparse polos efectos no emprego de esta robotización», advertiron desde o BNG. Aspecto este que, en opinión do Bloque, r»edunda na necesidade de aumentar o mercado potencial de Navantia cara a construción civil, e a potenciación das áreas de Reparacións e Turbinas».

O presidente de COFER manifestoulles que comparte a preocupación pola situación socio- económica da comarca. Dobarro apelou «a deixar de lado partidismos para reivindicar proxectos concretos e investimentos«, especialmente necesarios no sector industrial e enerxético, e defendeu a rendibilidade social dunha renovación das unidades da armada máis axustada en prazos, que garanta ocupación no estaleiro, aforro de custes da subactividade empresarial e de desemprego, e a posibilidade de vender os buques antes de rematar por completo a súa vida útil.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.