A música e o baile tradicionais de Galicia xa son Ben de Interese Cultural

O folclore galego alcanza a máxima protección patrimonial como expresión viva da identidade cultural
A música e o baile tradicionais de Galicia xa son Ben de Interese Cultural
A música e o baile tradicionais de Galicia xa son Ben de Interese Cultural

A música e o baile tradicionais de Galicia contan xa co máximo nivel de protección patrimonial, ao ser recoñecidos como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de patrimonio inmaterial. Este recoñecemento pon en valor o seu papel central na identidade cultural galega e na transmisión de xeración en xeración.

O decreto considera inseparables ambas expresións, ao entender que o baile necesita da música para existir dentro da tradición galega. Con esta declaración, Galicia suma un novo elemento protexido no seu patrimonio cultural, que abarca prácticas vivas presentes tanto no ámbito rural como no urbano.

O recoñecemento chega tras un proceso de análise no que se valorou a dimensión histórica e social do folclore, entendido non só como expresión artística, senón tamén como espazo de aprendizaxe, convivencia e transmisión de saberes. Destácase a labor de décadas das asociacións, agrupacións e colectivos que contribuíron a manter viva esta tradición.

Un dos aspectos máis salientables é o papel das mulleres, especialmente cantareiras e pandeireteiras, consideradas figuras clave na conservación da memoria colectiva e na adaptación do folclore aos cambios sociais sen perder a súa esencia.

Tamén se recoñece a importancia das chamadas comunidades portadoras: persoas e grupos que conservan e transmiten coñecementos, técnicas e prácticas relacionadas coa música e o baile tradicionais, dende a ensinanza ata a interpretación e a artesanía asociada.

Ademais do recoñecemento simbólico, o BIC incorpora medidas de protección e salvagarda orientadas a garantir a continuidade desta herdanza cultural. Entre elas, destacan o impulso á investigación, a creación dun arquivo audiovisual público e o fomento da ensinanza do baile e da música tradicionais tanto no ámbito educativo como en actividades extraescolares.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.