Como cada 31 de decembro, as Burbullas de Compostela lanzan a súa xa típica felicitación de Aninovo. Este ano, o vídeo amosa ao grupo percorrendo o Camiño de Santiago, dende distintos puntos da cidade ata chegar á icónica Praza do Obradoiro, onde son recibidos por Pelegrín, a mascota oficial do Xacobeo.
Vestiarios completamente dourados, coreografías alegres e o seu humor característico fan que cada ano o vídeo obteña miles de reproducións nas redes sociais, consolidando ás Burbullas como un referente do Nadal.
O grupo xurdiu no 2021, aínda en plena pandemia, como unha iniciativa espontánea coa que festexar o Aninovo, inspirándose nas tradicionais felicitacións televisivas. Co paso do tempo, converteuse nunha tradición local, que moitos agardan con ilusión para compartir cos seus seres queridos.

