Buscan a unha eumesa desaparecida dende o mediodía do luns no entorno de Miño

1317097_1

Efectivos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e veciños do municipio de Miño buscan a unha muller de mediana idade desparecida desde o mediodía deste luns. Segundo informaron fontes próximas á familia, a muller, que responde as iniciais de N. B. M., saíu da súa vivenda como cada mañá nun coche Volkswagen Passat de cor beige claro e descoñécese o seu paradoiro desde entón.

As alarmas saltaron cando non se presentou á saída do colexio da súa filla para recollela. Segundo as mesmas fontes, a muller mide 1,60, de complexión forte, con media melena de cor castaña e de 46 anos de idade. As batidas para tentar localizala a ela ou ao seu vehículo comezaron pasadas as 21.00 horas de onte tras non poder contar con ela nin ter noticias da muller. A familia prega calquera colaboración veciñal que axude na súa localización.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.