O pianista británico James Rhodes anunciou nas súas redes sociais os seus próximos concertos en Galicia cun vídeo no que fala en galego. Nel, o músico presenta as actuacións que ofrecerá na comunidade nas próximas semanas.
Estas serán as súas primeiras actuacións en Vilagarcía de Arousa e Ourense, dentro da xira Manía. O concerto na vila pontevedresa terá lugar o 27 de marzo de 2026 no Auditorio Municipal, mentres que en Ourense se celebrará o 29 de marzo de 2026, tamén no Auditorio Municipal.
Como é habitual, as actuacións combinarán obras clásicas de Chopin, Brahms e Rachmaninov con explicacións e anécdotas que achegan a música clásica ao público dun xeito didáctico e cercano.
