Máis de 23.000 paus de batea retirados nunha hora no Tarugotón 2026

A iniciativa, organizada por Limpiarousa, Surfrider España, Proxecto aMARte e ADEGA, busca concienciar sobre a contaminación mariña
Tarugotón 2026
Tarugotón 2026

A segunda edición do Tarugotón, a recollida simultánea de paus de batea nas praias galegas, mobilizou a máis de 600 voluntarios, o dobre que na primeira convocatoria.

Durante a actividade, o voluntariado retirou preto de 23.000 paus de batea, ademais doutros residuos acumulados nos areais tras os temporais das últimas semanas. A iniciativa, organizada por Limpiarousa, Surfrider España, Proxecto aMARte e ADEGA, busca non só limpar as praias, senón tamén concienciar sobre a contaminación mariña e abrir canles de diálogo entre administracións, empresas e o sector bateeiro para procurar solucións duradeiras.

O reto consistía en recoller o maior número posible de paus de batea nun máximo dunha hora, nunha dinámica que se repetiu en distintas praias do litoral galego.

A organización destacou que, aínda que a participación foi moi positiva, a actividade amosou tamén a dimensión do problema ambiental: ademais dos paus de batea de plástico, os areais continúan acumulando outros residuos plásticos e microplásticos, resultado do modelo de consumo baseado no “usar e tirar”.

Co Tarugotón, as entidades implicadas queren visibilizar a necesidade de adoptar alternativas máis sostibles e fomentar accións que contribúan á preservación das costas galegas a longo prazo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.