Así debería ser a ‘Velada del Año VI’ segundo esta tiktoker galega

A creadora propón combates de todo tipo: desde tiktokers enfrontadas ata un mítico dúo cómico da televisión galega
A tiktoker galega @vlondyus
A tiktoker galega @vlondyus

A sexta edición da Velada del Año, o espectáculo de boxeo entre creadores de contido organizado por Ibai Llanos, xa anunciou oficialmente o seu cartel. Mais non todos os seguidores están satisfeitos coas eleccións dos participantes.

É o caso da tiktoker galega @vlondyus, que compartiu un vídeo no que propón unha versión paralela do evento. Para ela, sería máis emocionante ver como se enfrontan dúas creadoras que recentemente protagonizaron unha polémica polo uso do galego, Patri Otero e Rebeca Stones, ou revivir a amizade —e a posible rivalidade— dos ex membros do grupo Verto Temazos, Berto e Fer, nun combate simbólico.

@vlondyus as miñas propostas de combates para La Velada del Año 🥸🥊 (á galega) cal engadirías? #galego #veladadelaño #galiza #galiciatiktok #laveladadelaño ♬ Shock The World – Slowed-Melody Version – That Boy Franco

Pero a creatividade de @vlondyus chega máis aló: imaxina que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane ‘Gelo’, suba ao ring para enfrontarse a Donald Trump, todo isto despois dos carteis satíricos que se viron en varias ocasións no municipio. E mesmo suxire que o mítico dúo cómico do programa Luar, Mucha e Nucha —interpretado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán— faga acto de presenza nesta ‘Velada del Año’ á galega.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.