Oliver Laxe: «En Galicia enténdense mellor a miña sensibilidade e a miña maneira de ser»

O director chegou ós Premios Mestre Mateo despois dunha intensa xira internacional: por fin puido durmir na súa casa en Navia de Suarna e agora toca "volver á cova e desparecer do radar"
Oliver Laxe Mestre Mateo Lugo

O cineasta Oliver Laxe regresou a Galicia tras unha intensa xira internacional para participar nos Premios Mestre Mateo, que por primeira vez se celebraban en Lugo. Na alfombra dourada o director compartiu impresións sobre o seu regreso á terra e a necesidade de parar tras semanas de actividade frenética.

“Sinto que en Galicia enténdese mellor a miña sensibilidade e a miña maneira de ser, que é moi galega e que choca tanto ás veces», asegurou o director, veciño de Navia de Suarna, que reivindicou que «está ben ser diferentes».

Despois de pasar polas citas internacionais máis relevantes —tan só unha semana antes estaba nos Oscar—, Laxe confesou que o primeiro que fixo ao chegar foi reconectar coa súa vida cotiá: “Durmín na casa onte por primeira vez en dous meses, fixen a merca, fun visitar ós veciños, estiven desbrozando un pouco… xenial”.

Tras varios meses cunha grandísima exposición, Laxe ten claro que agora toca alonxarse dos focos por un tempo. «Agora xa á cova, toca desaparecer do radar», asegurou.

Aínda que evita comparacións entre grandes eventos internacionais e a cita galega, recoñece o valor emocional de estar na casa: “Alí ben e aquí moi ben”. Laxe destacou especialmente o reencontro con colaboradores e amizades do sector, como a dos actores protagonistas de ‘O que arde’ —Benedicta Sánchez e Amador Arias— ou a Shakib Ben Omar, con quen traballou nas súas dúas primeiras películas, ‘Todos vós sodes capitáns’ e ‘Mimosas’.

Preguntado sobre outros traballos nominados, Laxe mostrou admiración polos seus compañeiros de profesión, mencionando nomes como Miguel Ángel Delgado —director de ‘San Simón’—, Ángeles Huerta —’Antes de nós’— ou Anxos Fazáns —’As liñas descontinuas’—, aos que cualificou como “moi bos”. Máis alá dos premios, o cineasta destacou o verdadeiro valor da gala. “Son galas para reunirnos, compartir e xa está”, concluíu.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.