The Rapants encabezará o Nachiños Fest, o festival que máis promete este verán

The Rapants actuará xunto a grandes artistas como Baiuca, Eris MacKenzie, Raze e hydn nun dos grandes festivais do verán
The Rapants
The Rapants

O Nachiños Fest vén de confimar os artistas que o darán todo sobre o escenario. E, entre eles, non podía faltar The Rapants, un grupo que segue a reafirmar a súa identidade coa suma doutra nova cita musical. Desta vez, tocará subirse ao escenario dun dos festivais do verán.

A cita terá lugar o 14 e 15 de agosto no porto de Curuxeiras de Ferrol, volvendo así a recuperar un espazo emblemático clave para a sétima edición do evento. Un dos máis agardados no só na cidade, senón na nosa comunidade, xa que reunirá ao mellor do panorama musical galego.

Un éxito máis que afianzado

Parece que a The Rapants non lle chega con ser un dos grupos máis escoitados da nosa comunidade e un dos que máis se escoita falar no país, xa que o grupo vén de vivir un dos momentos máis sólidos da súa traxectoria. O lanzamento do seu álbum Rapants Club ante milleiros de persoas en Santiago de Compostela permitiulles confirmar que o seu crecemento xa non é unha promesa, senón unha realidade.

E é que o seu regreso ao Nachiños —no que debutaron por primeira vez na pasada edición— non só supón un importante fito para os de Muros, senón que simboliza o paso de grupo emerxente a cabeza de cartel indiscutible.

Xunto aos rapantes, calidade

O festival complétase con grandes propostas como Baiuca, que fará da música tradicional e a electrónica a unión perfecta, despois dunha incrible xira polas mellores salas do país. Nomes como Eris MacKenzie, Raze e hydn, poñerán tamén o seu toque galego, para rematar o cartel do festival con bandas como Puño Dragón, que gaña presenza no ámbito do rock alternativo; La Milagrosa, unha das revelacións recentes grazas á súa forza sobre o escenario; e Pavlenha, que achega unha proposta que mestura pop e rock cun enfoque actual. Sen dúbida, unha cita que todo galego amante dos festivais non pode deixar pasar.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.