PATA PATA 2026: A Coruña convértese no epicentro do mundo pet friendly

Os visitantes desfrutarán de exhibicións, charlas, concursos e actividades familiares e contarase coa participación do Corpo Cinolóxico da Garda Civil
Foto da anterior edición de Pata Pata | EXPOCoruña
Foto da anterior edición de Pata Pata | EXPOCoruña
PUBLICIDAD

A Coruña acollerá esta fin de semana, os días 18 e 19 de abril, a segunda edición da feira PATA PATA, o encontro galego adicado aos animais de compañía e ao turismo pet friendly. O evento celebrarase en EXPOCoruña e reunirá máis de 80 expositores de Galicia e Portugal.

Os visitantes poderán desfrutar de exhibicións, charlas, concursos e actividades familiares, entre as que destacan a exposición felina internacional con máis de 150 gatos e o certame de beleza canina, con máis de 100 cans e xurado internacional. Haberá espazos temáticos como a Zona Calma para o descanso dos animais, a Zona Gastro con foodtrucks e o Espazo Adopcións con protectoras para promover a adopción responsable.

Entre as actividades que máis atención están a espertar destaca o concurso “Can Talent: Por que o teu can é o mellor?”, unha actividade aberta a todos os públicos na que cada participante poderá demostrar as habilidades da súa mascota.

A importancia dos cans para os corpos de seguridade

A exhibición contará coa participación do Corpo Cinolóxico da Garda Civil, que mostrará en directo o traballo dos cans policía en tarefas de salvamento, detección e apoio operativo. Estes animais son parte esencial dos equipos de emerxencias e demostran cada día a súa intelixencia, disciplina e capacidade para protexer ás persoas.

O público poderá ver simulacros reais de rescate e intervención, coñecer como se adestran estes cans e descubrir o papel fundamental que desempeñan na seguridade cidadá. A Garda Civil estará presente durante todo o evento, compartindo experiencias e permitindo que os asistentes se acheguen aos animais.

Ao final da xornada, poderanse ver os vídeos e momentos destacados das exhibicións nas redes sociais oficiais de PATA PATA e da Policía, onde se recollerán as mellores imaxes e actuacións dos protagonistas caninos.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.