O Xoán estrea Fállame a chola, un videoclip no que transforma o pop electrónico nun ritual de identidade e expresión

O artista presenta o novo videoclip dun single cheo de simbolismo no que fai da crítica unha loita pola identidade propia
Imaxe do videoclip 'Fallame a chola' | @xoanforneas
Imaxe do videoclip 'Fallame a chola' | @xoanforneas

Éxito tras éxito, O Xoán segue a abrirse paso no eido musical… e non é para menos. Este martes, o actor e músico de Castro de Rei está de estrea cunha nova peza audiovisual que amplía o universo do seu recente single de pop electrónico en galego. Fállame a chola aposta por unha estética camp, emocional e moi performativa, consolidando unha liña creativa na que música e identidade van da man nun momento especialmente simbólico, ás portas do mes do Orgullo.

Facer da crítica unha loita pola identidade

O tema parte dunha reflexión sobre o desexo, as contradicións persoais e a presión social por encaixar en determinados modelos. A partir dunha expresión usada tradicionalmente como crítica ou reproche, o artista reapropíase dela e convértea nun xesto de afirmación persoal, ligado á liberdade afectiva e á construción dunha identidade propia.

PUBLICIDAD

No plano visual, o videoclip móvese entre o exceso, o humor e a vulnerabilidade, cunha forte presenza da linguaxe drag como elemento central. O Xoán conta con drag queens galegas: Moira Lutar, Yasmine Lutar, Syndra, Liteah, La Kristopher e Ashley Ferreira, que participan na peza acompañándoo nun proceso simbólico de transformación, no que a performance funciona tamén como espazo de expresión e resistencia.

A rodaxe contou ademais co apoio da Lugo Film Office da Deputación de Lugo, que se encargou de localizar os espazos nos que se desenvolveu a gravación. O equipo utilizou instalacións do Centro de Formación Audiovisual de Lugo, que serviu como escenario para parte da posta en escena do proxecto, reforzando a conexión entre a creación musical e os recursos audiovisuais do territorio.

O Xoán, o seu proxecto máis persoal

O Xoán é o proxecto musical do actor e músico Xoán Fórneas, natural de Castro de Rei. Unha nova etapa profesional que nace tras un cambio vital que o leva de volta ás súas orixes no rural lucense, desde onde comeza a construír unha proposta persoal dentro do pop electrónico en galego, marcada por unha aproximación honesta, emocional e contemporánea.

Neste percorrido inicial destaca o seu primeiro single, Ferido, publicado en novembro de 2025. Unha peza de pop electrónico que mestura rito, raíz e unha estética camp, convertendo a dor nun espazo luminoso, irreverente e cunha beleza case brutalista. A canción funciona como porta de entrada a un universo creativo no que o íntimo se transforma en espectáculo, e no que a emoción, mesmo na ferida, mantén sempre o movemento e o carácter festivo.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.