Dior ficha talento galego: María Alborés conquista a moda internacional

Lost in Tradition, Found in Galicia foi o seu proxecto final de master na prestixiosa Antwerp Academy
maria albores

A artesanía galega dá un novo salto internacional da man de María Alborés, unha deseñadora boirense de 28 anos que acaba de incorporarse ao equipo de deseño da casa francesa Dior, unha das firmas máis influentes do luxo contemporáneo. O seu fichaxe chega tras completar o seu máster en moda na prestixiosa Antwerp Academy, en Bélxica, un dos grandes viveiros de talento creativo a nivel mundial.

A colección Lost in Tradition, Found in Galicia destaca polo uso de redes de pesca, cordas, encaixe de bolillos e fibras naturais, materiais ligados aos oficios tradicionais e á identidade do territorio. Pezas elaboradas a pequena escala, cunha clara aposta pola produción manual, sostible e respectuosa cos procesos artesáns.

PUBLICIDAD

Para a creadora, a incorporación a Dior representa a culminación dun soño profesional e, ao mesmo tempo, unha oportunidade para demostrar que os oficios tradicionais seguen a ter un lugar central no luxo actual. O seu percorrido confirma que a moda de alta gama tamén pode ser sinónimo de identidade, territorio e sustentabilidade.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.