Estes serán os festivos autonómico sen Galicia en 2027

A Xunta vén de aprobar os dous festivos autonómicos do vindeiro ano: o venres 19 de marzo, San Xosé, e o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas
Alfonso Rueda calendario laboral 2027 Galicia

Este luns, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, comunicou o calendario laboral para 2027, con festivos novidosos para a comunidade.

Como todos os anos, a normativa central fixa 14 festas anuais para todo o país. Destas, dúas son elixidas polos concellos e outras dúas polas comunidades. Nove de estes festivos son obrigatorios —a non ser que coincidan en domingo— e non poden ser substituidos: o 1 de xaneiro, o Venres Santo, o 1 de maio, o 15 de agosto, o 12 de outubro, o 1 de novembro; e os días 6, 8 e 25 de decembro.

O 25 de xullo, Día de Galicia, coincide este ano en domingo, motivo polo que o 2027 será Ano Santo. Ante isto, a Xunta de Galicia optou polo venres 19 de marzo (San Xosé) como substituto para un dos seus festivos autonómicos. Así, o outro será o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Dentro dos festivos de carácter nacional que poden modificar as comunidades, o mércores 6 de xaneiro xunto co Xoves Santo continúan este ano como festivos na comunidade galega. Así, agora está na man de cada un dos concellos fixar os outros dous festivos que faltan para pechar o calendario laboral do ano 2027.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.