Traballadores e traballadoras do naval volveron saír este xoves ás rúas para esixir carga de traballo inmediata que palíe a caída na ocupación entre o remate dos buques australianos e o inicio da construción das fragatas F-110. Noutro “xoves do naval” o persoal saíu a pé dos estaleiros de Fene e Ferrol para confluír na avenida da Gándara e marchar conxuntamente en manifestación ata o Concello de Ferrol.
A principal demanda, a máis curto prazo, é a construcción de un Buque de Aprovisionamiento en Combate ( AOR, por sus siglas en inglés) para a Armada Española, cun diseño xa existente -o de o AOR “Patiño”- e que podería entrar na fase de montaxe case de inmediato.
Os portavoces sindicais explicaron que só na industria auxiliar destruíronse xa máis de 600 postos de traballo dende o pasado ano, e que se non se firma un novo buque para as gradas de Ferrol, están en xogo máis de 1.200 postos de traballo. Miguel Pol, delegado de CCOO no comité de empresa, esixiu á administración pública explicacións sobre o futuro da compañía xa que observan “unha parálise total no asteleiro”.
Lamentaron, por exemplo, que a fábrica de Turbinas estea rexeitando traballo por falta de persoal e amosaron a súa preocupación porque non se iniciaran aínda as obras do que vai ser o novo complexo naval. “Non sabemos nada dos proxectos prometidos nas instalacións de Ferrol, como o macrotaller no que se van invertir 100 millóns de euros”.
Tamén reclamaron dende o comité de empresa que se resolva a contratación de persoal comprometida para o pasado ano “e da que todavía non hay noticias”. O calendario de movilizacións continuará o día 27, cunha nova concentración ante a porta do estaleiro de Ferrol e acudirán durante a tarde ao pleno do consistorio da cidade naval.
O seguinte xoves, día 5 de marzo, haberá unha nova mobilización polas rúas durante a mañá e, pola tarde, os traballadores acudirán ao pleno do Concello de Fene. Unha semana despois, o día 12, terá lugar unha nova concentración ante a porta do estaleiro. O domingo 15 de marzo está convocada unha manifestación comarcal e o 26 de marzo concluirá o calendario de mobilizacións cunha protesta conxunta cos operarios da antiga Astano, en Fene.
Discussion about this post