A Xunta reclamará ao Goberno o próximo 10 de marzo que reactive a planta térmica de Endesa

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, adiantou que tamén esixirán o compromiso da empresa para poñer de novo en marcha a factoría
Francisco Conde durante una visita a la central térmica de Endesa en As Pontes
Francisco Conde durante una visita a la central térmica de Endesa en As Pontes

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, será un dos representantes da Xunta de Galicia na Mesa da Transición Ecolóxica que se celebrará nas Pontes o próximo 10 de marzo e na que estarán presentes tamén representantes do Concello e unha delegación do Goberno Central. O titular da Xunta, explicou onte que a intención do executivo galego é reclamarlle ao Ministerio de Transición Ecolóxica  que «adopte as medidas que permitan que se reactive» a planta térmica de Endesa e, ao mesmo tempo, pedirlle á compañía que «adquira o compromiso para que se poida reactivar».

O conselleiro sinalou tamén que esta reapertura «non é viable» se non se aplican mecanismos fiscais como a eliminanación do céntimo verde, unha primeira medida que considera «imprescindible».  Conde tamén explicou que reclamarán ao Goberno de Pedro Sánchez a esixencia de conseguir máis fondos da Unión Europea para a transición enerxética. Non en van, España recibiu para transición enerxética 300 millóns de euros, fronte aos case 900 millóns de Alemaña e aos 2.000 millóns de Polonia.

A Xunta acordou coa deputación na última reunión de traballado mantida en As Pontes a creación dunha Oficina de Reindustrialización para apoiar e coordinar proxectos empresariais que xurdan para garantir o futuro industrial da comarca, ademais de garantir o apoio daquelas iniciativas relacionadas coa ampliación do chan industrial no concello.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.