COVID-19: Feijóo e Pontón amosan vontade de dar unha resposta conxunta. Caballero desliza o seu desexo de manter a data.

header (1)

A campaña electoral galega non só non vai ser allea á crise do coronavirus, senón que pode verse afectada de forma radical pola epidemia global que atravesa unha gran parte do planeta. O primeiro partido en pór o foco de atención sobre esta cuestión foi o BNG a través da súa portavoz nacional Ana Pontón. A candidata nacionalista á Xunta urxiu durante esta semana a Alberto Nuñez Feijóo para que convocara aos líderes políticos a unha xuntanza na que coordinar as medidas e liñas de actuación ante esta nova situación.

Non foi ata a tarde deste pasado mércores cando o líder dos populares deu resposta ao requirimento da dirixente do BNG. Será o próximo luns día 16 cando se celebre este encontro no que o presidente da Xunta traslade ao resto de líderes os asuntos tratados na videoconferencia que o sábado terá co Presidente de Goberno central. Segundo explicou Feijóo «a unión de esforzos é fundamental nunha crise sanitaria deste calado».

 

Pola súa banda, Pontón insistiu nestes días en que «é importante que haxa información e criterios claros e precisos sobres as pautas de actuación» ao tempo que demandou ao presidente autonómico a súa comparecencia no parlamento galego. A líder do BNG mostrou a súa preocupación polo impacto que esta crise está a ter na economía e no emprego e tamén polos miles de galegos desprazados fora do país e que se atopan en situación de risco de contaxio. A dirixente nacionalista asegurou que agora é o momento de facer un fronte común e deixou no aire a posibilidade de suspender os actos de campaña se se decide de forma coordinada.

Pola contra, os socialistas non son tan propensos a desbaratar a súa folla de ruta nesta campaña e confirmaron que mentres non haxa indicacións ao respecto, seguirán coa súa axenda adaptándoa as novas circunstancias. De feito, o líder dos socialistas, Gonzalo Caballero, apuntou respecto a un posible aprazamento das eleccións, que «este país votou en xornadas tan tráxicas como o 11M» ou durante a actividade terrorista no País Vasco.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.