Ortigueira pide poder plantar patacas para aplacar o parón laboral

O Concello solicitou á Xunta que exclúa ao municipio da declaración de zona afectada pola couza guatemalteca
Archivo - Plantación de patata
Archivo - Plantación de patata

O acalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, enviou ao director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias un escrito no que demanda que a Xunta exclúa ao municipio como zona infestada pola praga guatemalteca da pataca. Deste xeito, posibilitarase á veciñanza a busca de recursos propios e o autoconsumo cando se supere a etapa de confinamento, ademais de favorecerse a economía local.

O goberno lembra que desde a declaración de zona infestada, en marzo de 2017, non se plantaron patacas e que este pasado xaneiro Ortigueira volveu ser incluída como zona afectada. No escrito, o rexedor municipal insiste en que “o poder realizar no presente ano pequenas plantacións de patacas contribuiría enormemente a que as familias contasen con recursos propios e a súa situación económicosocial non fose tan precaria. Ademais, ao tratarse de cultivo para o autoconsumo ou como moito para a venta no comercio local a influencia de dito cultivo sería exclusivamente municipal”.

Diante da crise sanitaria actual, di o alcalde, moitas economías familiares ven diminuídos ou incluso desaparecidos todos os seus ingresos. Por este motivo, e tendo en conta que a situación económicosocial vai continuar durante un tempo longo desde que remate o estado de alarma, solicita á Xunta o levantamento desa prohibición e que se permita aos veciños e veciñas contar con este recurso agrícola.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.