Fene e Viaqua acordan varias medidas para facilitar o pagamento dos recibos da auga 

A concesionaria do suministro aumentará o periodo de pagamento voluntario ata 90 días
rrnnwhJmnuj

Fene publicará nuns días os padróns da auga e dos sumidoiros correspondentes ao último cuadrimestre de 2019. Un procedemento que chega en plena crise sanitaria e que levou a Viaqua a acordar coa Concellaría de Facenda unha serie de medidas que minoren o impacto deses recibos e dos sucesivos -os correspondentes ao período actual- tanto nas economías familiares como nas dos autónomos e as empresas.

A principal acción é o aumento até os 90 días do período de pagamento voluntario. Pero hai máis, entre elas a suspensión dos cortes de subministración por impagos e a paralización das reclamacións de débedas pendentes, algo que antes xa se lle viña aplicando ás persoas en situación de vulnerabilidade e que agora se amplía a todas as usuarias do servizo. Na mesma liña, a xestora da auga sinala que se facilitará o financiamento sen xuros ou o aprazamento de facturas para os colectivos que presenten dificultades de pagamento por causa da actual situación.

Ao abeiro da alerta sanitaria, e como medida preventiva dos contaxios, nestes intres Viaqua ten suspendidas as lecturas dos contadores e, mentres dure a situación de confinamento, aplicaralles unha estimación de consumo «cero» a todos aqueles clientes que figuren na súa base de datos como comerciais ou industriais. Máis adiante, cando se restableza a normalidade e se retomen as lecturas, compensaranse os excesos ou defectos facturados. O mesmo ocorrerá cos usuarios e usuarias particulares, aínda que nese caso a estimación de consumo aplicada será a do mesmo período do ano pasado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.