Pontedeume repartirá 12.000 mascarillas entre os seus veciños

O goberno de Bernardo Fernández fará un reparto casa por casa xunto cun escrito de normas de uso do material
MA8C3F1_221948

O Concello de Pontedeume adquiriu un cargamento de 12.000 mascarillas, tras a realización de «numerosas xestións nas últimas datas polas dificultades existentes no mercado nacional e internacional», explicaron dende o goberno local.  A este número hai que unir as que o concello recibe da Xunta e da Deputación da Coruña para o seu uso durante o Estado de Alarma por parte do persoal municipal.

O concello recibirá o material comprado entre finais de abril e principios de maio e repartirá as 12.000 mascarillas entre os veciños e veciñas, deixándoas en cada domicilio xunto a un escrito cunha serie de recomendacións. Dende o goberno muncipal informan de que «as mascarillas adquiridas polo Concello de Pontedeume cumpren con todas as garantías internacionais e da OMS para evitar a transmisión de axentes infecciosos e o contacto con fluidos potencialmente patóxenos».

“A día de hoxe, as farmacias non contan con material suficiente e desde o Concello de Pontedeume queremos contribuír á prevención de novos contaxios cando remate o actual confinamento”, afirma o alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.