Narón estuda poñer en marcha unha liña de subvencións directas para autónomos e pemes

A alcaldesa enviou a proposta ás asociacións empresariais do concello e da comarca para que realicen as súas achegas
naron54

O Concello de Narón estuda poñer en marcha una liña de subvencións para todas as persoas autónomas, microempresas e pequenas empresas do municipio que tiveron que paralizar a súa actividade tras decretarse o estado de alarma pola Covid-19 ou que viron reducida a súa facturación polo menos nun 75%. Así llo remitiu o goberno local as asociacións de empresarios ­–Asociación de Comerciantes Narón, Cofer, AJE Ferrolterra e AEF- e aos grupos políticos da oposición.

As subvencións serán de 2.000 para aquelas persoan sen persoal por conta allea ao seu cargo ou ata dous traballadores; de 3.000 para as que conten cun cadro de persoal de entre tres e nove traballadores  e de 4.000 para as de cadro de persoal de entre 10 e 49 traballadores.

As empresas beneficiarias deberán cumprir unha serie de requisitos, como manter a actividade pola que foi subvencionada ata o 31 de decembro deste ano e tamén no caso de ter empregados  manter como mínimo o 50% do persoal declarado.

Aquelas que queiran optar a estas subvencións deberán cumprir e xustificar unha serie de requisitos, sendo un deles o feito de ser beneficiario da prestación extraordinaria por cese de actividade, con enderezo fiscal e realizar a súa actividade en Narón, así como estar ao corrente do pago das obrigas tributarias e de Seguridade Social e non ter débedas coas administracións.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.