A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora da estrada DP 6104 de Loiba a Picón para a que destinou 1,2 millón de euros, un dos proxectos de maior envergadura e orzamento que realizará en obras este organismo na provincia. Os traballos desenvolveránse durante os vindeiros meses o que provocará que en algún momentos haxa que poñer en marcha dispositivos especiais para regular o tráfico, polo que alcalde Juan Penabad pediu a compresión e a colaboración dos veciños afectados.
A obra, unha vez realizados todos os trámites administrativos, será executada finalmente por unha empresa local o que “supón tamén unha boa noticia para Ortigueira no ámbito na súa economía local. Dado o movimiento de traballadores que van a xenerar estas obras esperemos que tan pronto se levante o estado de alarma os negocios que hai ao longo da estrada tamén se vexan beneficiados”, explicou o rexedor.
Os traballos executaranse no tramo comprendido entre o inicio do viario e o punto quilométrico 2,4 e incluirán a ampliación da plataforma dos 4 metros actuais ata un total de 6 metros. Ademais dotarase de novas beiravías de 0,5 metros e se crearán mellores zonas de estacionamento coma a do entorno da Igrexa e o cementerio parroquial. O trazado parte da estrada AC 862, onde se ampliará a intersección existente e deseñarase unha semiglorieta de 8 metros de radio interior para canalizar os movementos de xiro dos vehículos.
Nas inmediacións da glorieta disporanse sendas áreas de estacionamento para vehículos. Unha delas destinada exclusivamente a autobuses e outra para turismos e motocicletas. A capacidade estimada é de catro autobuses, 10 motocicletas e 35 turismos. Resérvase tamén unha zona para estacionamento para vehículos de persoas con discapacidade. Nos 250 metros que separan o aparcamento da zona do Picón construirase unha senda peonil de 2 metros de ancho que contribuirá a mellorar a seguridade peonil.