O actor e músico ferrolán Esteban Yáñez faleceu aos 35 anos de idade vítima do coronavirus. Foi coñecido por participar durante a década dos noventa en series de televisión como “Pratos Combinados” ou “O Xabarín Club”, sendo aínda un rapaz. Segundo él mesmo explicara nas redes sociais, padecía unha enfermidade dende facía anos, o que probablemente puido agravar os seus problemas saúde.
O propio Yañez informou dende a súa conta de Twitter fai uns días, co seu habitual humor, que contraera o coronavirus. A morte do actor, que se convertiu na vítima máis nova do Covid-19 en Galicia, causou un grande pesar na comunidade twittera galega, onde era moi activo.
Desde hoxe esta pasa a ser unha conta adicada a demostrar canto tantísimo pode chegar o covid-19 a mermar as habilidades cognitivas do doente.
— Snob🎗 (@Snob) April 13, 2020
Discussion about this post