Un veciño de Ferrol négase a identificarse ante a Policía por non sentirse «representado polo Estado»

O rapaz foi visto polos axentes nas pistas de skate da Malata e posteriormente trasladado a dependencias policiais por saltarse o confinamento.
polilocalferrol

A Policía Local denunciou onte a un home por incumprir o confinamento e negarse a identificarse ante os axentes que llo requiriron. Despois de que 092 recibira aviso de que unha persoa se atopaba na pista de skate da Malata, unha patrulla acudiu ao lugar e viu que alguén intentaba agocharse para non ser descuberto.

Localizado este individuo, pedíuselle que se identificara, ao que se negou, ademais de alegar que tiña motivos ideolóxicos para atoparse fóra do seu domicilio. Insistiu tamén en que non se sentía representado polo Estado, e tampouco polo nome que este lle atribuíu, segundo dixo.

Á vista da situación, os axentes decidiron trasladar ao home á comisaría do Corpo Nacional de Policía, onde se logrou, tras varias indagacións e comprobando o padrón municipal, a identificación. Enfróntase a sendas denuncias, por desobediencia e por non respectar o estado de alarma.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.