Moeche prepara unha exposición con creacións artísticas da veciñanza

Unha vez finalizado o estado de alarma, os traballos formarán parte da primeira exposición temporal que se faga no Castelo de Moeche
imaxe_carlosgarcia

As áreas de Cultura e de Desenvolvemento local do Concello de Moeche  teñen en marcha desde hai semanas o proxecto de creación artística “Moeche, terra de feiras”, a través do que se propón achegar pinturas, debuxos, microrrelatos ou pequenas poesías. A finalidade é dobre: por unha banda renderlle un certo tributo aos eventos feirais que se desenvolven no concello ao longo do ano e, por outra, levar a cabo unha iniciativa de lecer activo mentres dure o confinamento obrigado por mor do coronavirus.

Ademais destes dous obxectivos, tamén pretende fomentar “a creatividade e a imaxinación», tal e como se sinala nas bases publicadas polo Concello onde se establece que o último día para presentar os traballos é este xoves 30 de abril. Hai que envialos a [email protected] e no  asunto do correo debe incluírse a frase “EXPOSICIÓN FEIRAS” e no texto farase constar o título da obra, o nome completo e o DNI da autora ou autor.

Tan pronto como se desactiven as medidas sanitarias do Estado de Alarma -e as que poidan vir despois para evitar rebrotes do coronavirus-, cada participante deberá entregar a súa obra orixinal na Casa do Concello dentro dun prazo que se publicará, chegado o momento, nas redes sociais e na web municipal. Todas as obras presentadas que cumpran coas bases formarán parte da primeira exposición temporal que se faga no Castelo de Moeche unha vez reabra as súas portas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.