Narón instala mamparas de protección fronte ao Covid-19 nas dependencias e edificios municipais

A inversión presegue ofrecer á cidadanía os diferentes servizos "coas máximas garantías de protección persoal"
Mampara protección Rexistro 1

O Concello de Narón comezou a instalar mamparas de protección fronte á Covid-19 en varias dependencias municipais. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asegurou que “este tipo de medidas responden a unha necesidade para ofrecer ás traballadoras e traballadores que están en postos de atención directa á veciñanza todas as garantías sanitarias para poder realizar o seu labor naqueles servizos que non se poidan prestar a distancia”.

No Concello estase ultimando a instalación da mampara do Rexistro  e colocaranse tamén nos mostradores de atención ao público do resto de andares, no mostrador do Catastro e nos postos de atención individualizada do Servizo Sociocomunitario. Así mesmo, tamén disporán de mamparas a Biblioteca municipal, o pavillón polideportivo da Gándara, a nave de Servizos Externos da estrada de Cedeira, o Pazo da Cultura e a Aula de Lectura da Casa da Mocidade. En conxunto, os traballos suporán un investimento duns 12.000 euros.

“A instalación das mamparas permítenos anticiparnos ao proceso de desescalada para que a medida que o confinamento sexa menos restrictivo ofrecer á cidadanía os diferentes servizos coas máximas garantías de protección persoal, compatibilizando o teletraballo coa atención presencial”, recalcou Ferreiro.

Relacionadas