Pontedeume reparte mascarillas aos menores de 14 anos empadronados na vila

Cada neno foi asignado a unha farmacia da vila onde un adulto pode recoller o material presentando DNI ou a tarxeta sanitaria
coronavirus-mascarillas

Con motivo das medidas tomadas respecto ás saídas controladas da poboación infantil, dende o pasado luns e ata 3 de maio o Concello de Pontedeume pon a disposición de todas as rapazas e rapaces menores de 14 anos empadroados na vila unha mascarilla cirúrxica. Esta primeira remesa se engade ás 12.000 mascarillas que se recibirán entre finais deste e mes e principios de maio para repartir nos domicilios de toda a veciñanza.

Para a distribución deste primer cargamento destinado aos menores de 14 anos, o Concello contará coa axuda loxística das farmacias para a realización da distribución deste material. Os puntos de recollida foron establecidos en función da dirección de empadroamento e primeira letra do apelido do rapaz ou rapaza, realizando unha distribución equitativa entre as diferentes farmacias adaptada aos seus horarios.

Dende o Concello piden que as recollidas se fagan, dentro do posible, de forma escalonada co obxectivo de non sobrecargar e interferir o menos posible no funcionamento habitual dos establecementos farmacéuticos. Cada mascarilla debe ser recollida por un adulto presentando o orixinal da tarxeta sanitaria, DNI ou identificación oficial do menor. Un adulto pode recoller varias mascarillas presentando a documentación necesaria.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.