O Concello de Ferrol retomou hoxe a roza e limpeza de cunetas na zona rural, dentro das labores de mantemento de cara á primavera que dependen do departamento de Servizos. Nunha primeira fase, que comezou esta mañá en diferentes puntos de Santa Icía, Mandiá, Marmancón e Covas, estanse despexando as cunetas, un labor que nos próximos días está previsto que cubra ata 23 quilómetros e que servirá para a correcta evacuación de augas.
A continuación, a partir do día 18 deste mes, levarase a cabo o segundo programa de roza de vías correspondente a este ano, co que se garantirá a visibilidade e unha maior seguridade nos camiños e estradas de titularidade municipal. Para a elección das zonas nas que se vai traballar, o Concello tivo en conta as achegas realizadas pola cidadanía a través do tecido asociativo do rural para unha mellor