Os xulgados de Ferrol contan co material de protección necesario fronte ao COVID-19 para prestar o seu servizo á cidadanía. Así o manifestou a xuíza decana, Amelia María Pérez Mosteiro, quen subliñou que recibiron luvas, máscaras e xel hidroalcohólico suficientes para garantir a seguridade do persoal que na actualidade desprázase á sede xudicial.
Desde o pasado 24 de abril, a Xunta e o Ministerio de Xustiza puxeron ao dispor dos xulgados de Ferrol 350 máscaras, 35 botes de xel hidroalcohólico de medio litro e 700 luvas, aos que se engaden 300 máscaras entregadas a semana pasada pola deseñadora María Barcia e 50 máscaras protectoras de metacrilato doadas por unha empresa ferrolá.
A decana lembrou que, polo momento, a cidadanía non se está desprazando á sede xudicial, pois a actividade está pechada ao público, salvo para realizar trámites declarados urxentes polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPJ). En cada xulgado soamente hai un funcionario, quen ten á súa disposición os medios protectores. Ademais, a Xunta aprobou a colocación de seis biombos de metacrilato para os órganos unipersoais que carecen de portelos, as cales chegarán a Ferrol nos próximos días, como tamén o farán outras 50 pantallas protectoras individuais.