Co fin de favorecer e poder gardar a distancia de seguridade de dous metros no tránsito de peóns entre os Concellos de Pontedeume e Cabanas, ao longo do día de hoxe se procederá á instalación de sinalización provisional nos extremos da Ponte de Pedra para a regularización da mobilidade, sendo necesario utilizar a beirarrúa da esquerda nos desprazamentos entre os dous municipios.
A medida tomouse conxuntamente por ambos concellos unha vez acadadas as autorizacións pertinentes por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Os carteis se instalarán nos dous municipios para facer efectiva esta norma.
Discussion about this post