O Concello de Neda retoma as obras de aglomerado de viais en Casadelos

O orzamento, cofinanciado con fondos propios e do POS+ da Deputación, ascende a 34.000 euros.
OBRAS CAMIÑOS

O Concello de Neda vén de retomar as obras de pavimentación de tres viais en Casadelos, interrompidas polas restriccións impostas polo estado de alarma decretado a raíz do COVID-19. As obras contan cun orzamento de 34.283 euros e cofináncianse con fondos do Plan de Obras e Servizos-POS+ 2019 e municipais.

Así, os traballos de aglomerado realízanse no camiño Victorino Novo ata o cruce con A Bacela e no Camiño Vello dende o cruce de A Bacela ata o cruce da Forxá. Tamén no vial anexo ao camiño Victorino Novo, co mesmo nome que este, onde se renovou recentemente a rede de saneamento. «Avanzan a bo ritmo e a previsión é rematalas nas vindeiras xornadas, tras completar os traballos nos accesos ás vivendas», explicaron desde o goberno local.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.