Cabanas organiza un concurso de poesía polo Día das Letras Galegas

O prazo de presentación das obras remata o propio domingo 17 de maio
2020.05 - Letras Galegas (certame poesía)

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, vén de convocar o “I Certame de Poesía” para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha data adicada este ano ao autor ferrolán Carvalho Calero.

O obxectivo deste certame é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística a e creatividade, e está dirixido a persoas de todas as idades, xa que se establecen tres categorías: intantil (até 12 anos), xuvenil (de 13 a 17) e adulta (de 18 en adiante).

O prazo de presentación das obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, remata o propio domingo 17 de maio ás 23 horas, debendo facerse a través do correo [email protected] seguindo as pautas establecidas nas bases que se poden consultar na web cabanas.gal.

«Haberá premios para as persoas gañadoras en cada unha das tres categorías, e todas as participantes recibirán tamén un agasallo», sinalou a concellería de normalización lingüística, Paula González, quen animou á poboación a participar na cita.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.