As Pontes ampliará durante esta semana o despregamento do 4G no municipio

Os usuarios que teñan interferencias na súa TDT poden poñerse en contacto coa xestora LLega800 a través do seu teléfono gratuito 900 833 999
antenne-1536x1024

Esta semana, no Concello das Pontes, porase en funcionamento unha nova antena repetidor para aumentar a cobertura da tecnoloxía 4G que permitirá que os teléfonos móbiles poidan acadar unha maior velocidade de transmisión de datos.

Esta tecnoloxía traballa nunha banda de radiofrecuencia que pode afectar á correcta recepción das canles da TDT (Televisión Dixital Terrestre) no casco urbano da vila así como na parroquia da Vilabella polo que algúns fogares do municipio poden resultar afectados e deixar de ver varias canles.

Para garantir a compatibilidade entre a tecnoloxía 4G e a TDT, Llega800, entidade xestora designada polos operadores de telefonía móbil para solucionar calquera afectación na recepción da TDT motivada polas emisión de tecnoloxía de 4G, porá en marcha un servizo gratuíto de atención á veciñanza.

Os veciños e veciñas que residan nas zonas de maior afectación, poden contactar co centro de atención a usuarios de Llega800, a través do teléfono gratuíto 900 833 999, de luns a sábado, en horario de 09:00 horas a 22:00 horas, e o enderezo electrónico [email protected] para resolver os problemas e solicitar máis información.

Relacionadas