Narón continúa de forma telemática as asesorías de educación afectivo-sexual

O obxectivo é atender as dúbidas e consultas de parte do alumnado de ESO e Bachelerato, ao tempo que se lles facilitan recursos e información sobre sexualidade
thumbnail-foto-jovenes-y-apuestas-online

O Concello de Narón continúa desenvolvendo, vía telemática, a programación das asesorías  de educación afectivo-sexual e dos Obradoiros de coeducación afectivo-sexual “Sexo con-sentido”. As actividades das asesorías diríxense a alumnado de todos os niveis de ESO e Bacharelato, mentres que nos obradoiros participa alumnado de segundo curso da ESO.

A suspensión das clases nos centros de ensino tras decretarse o estado de alarma levou a atender as consultas das asesorías a través do mail do programa ([email protected]), dende donde tamén se facilitan aos centros propostas de actividades e recursos para que o alumnado poida seguir aprendendo e reflexionando sobre este tema. O obxectivo das asesorías, sinalan desde o goberno loca,  «é atender as consultas e as dúbidas que se poidan plantexar entre a comunidade educativa, ao tempo que facilitarlles información a través de diferentes recursos sobre cuestións relacionadas coa sexualidade e a afectividade”.

No segundo trimestre do actual curso escolar comezaron a desenvolverse os Obradoiros de coeducación afectivo-sexual “Sexo con-sentido”, se ben os grupos que quedaban pendentes de realizalos nos centros poden facelo de xeito virtual, a través de videochamadas nas que os rapaces e rapazas poderán formular preguntas e manifestar a súa opinión sobre os temas abordados.

O alumnado disporá tamén dunha unidade didáctica sobre o programa e poderá realizar preguntas a través do mesmo correo electrónico facilitado para as Asesorías de educación afectivo-sexual. “Xa se están recibindo algunhas consultas online que se están atendendo nestes tempos de confinamento nos que as emocións e as relacións socio-afectivas virtuais están moi presentes”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.