O portavoz de Enerxía do Grupo Parlamentario Popular e senador pola Coruña, o ferrolán Juan Juncal, reclamou á vicepresidenta 4ª do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, que paralice o peche da central térmica das Pontes.
Durante a comparecencia da vicepresidenta 4ª na Comisión de Transición Ecolóxica celebrada onte na Cámara Alta, Juncal pediu á ministra Ribeira que tome todas as medidas necesarias para impedir o peche da central das Pontes, “e así protexer ás máis de 700 familias que dependen desta central”.
Segundo explicou o senador popular na súa intervención, o peche da central térmica afecta «á actividade de todo un pobo, ademais da camioneiros, empresas de servizo, comercio e hostalería, entre outros. Nas Pontes non vai haber unha transición xusta”, dixo Juncal durnate a comisión.
“Como lle vai a explicar aos veciños das Pontes que Alemaña vai pechar o carbón no ano 2038, ou que Xapón vai abrir 22 centrais térmicas?”, preguntoulle á ministra. “Se algo molesta aos cidadáns é o trato desigual”, denunciou o senador ferrolán.