A exposición ‘Redes: o Porto e a Cabria’ chega ao CIMM de Cabanas

A colección de fotografías da exposición, que foi inaugurada o pasado venres, foi recompilada durante máis de 30 anos
Concello de Cabanas
Concello de Cabanas

O venres 1 de xullo, ás 19 horas, o Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM), situado no Parque do Areal, acolleu a inauguración da exposición ‘Redes: o Porto e a Cabria’, que se poderá visitar até o próximo 15 de xullo, no horario de apertura habitual do Centro.

Ernesto López Naveiras, membro da Agrupación Instrutiva de Caamouco e gran coñecedor do pasado mariñeiro do porto de Redes, fixo un relatorio que se completou cunha proxección sobre Redes desde os anos 1912 a 1950, onde se amosará a historia mariñeira, emigrante e labradora deste porto da ría especializada na pesca da sardiña.

A colección de fotografías que se pode visitar no CIMM de Cabanas pertence á Agrupación Instrutiva de Caamouco, e foi recompilada durante máis de 30 anos, casa a casa, grazas á colaboración de todo o pobo. A través delas, pódese coñecer a singularidade dun porto mariñeiro na súa arquitectura, a tradición pesqueira, as costumes e a vinculación coa terra e co mar.

Estas instantáneas inéditas da primeira metade do pasado século, constitúen un arquivo etnográfico fundamental para coñecer as tradicións do porto e as súas artes de pesca. Recolle elementos singulares como a lancha xeiteira, utilizada na pesca da sardiña coa arte centenaria do xeito, que faenaba a vela e remo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.