As obras nas vivendas da Mariña de Narón obrigan a cortar o tráfico a partir de mañá

Estanse levando a cabo traballos de pavimentación de tódolos viais, así como tarefas de humanización do entorno
95297690_2624874261103296_1239672482412101632_o

A finalización dos traballos de humanización e renovación do pavimento en todos os viais da urbanización das Vivendas da Mariña obriga a restrinxir o tráfico rodado e o estacionamento de vehículos na zona, a partir de mañá mércores e ata o vindeiro 10 de xuño, data na que se prevé o remate da intervención. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou ademáis que con este mesmo motivo verase afectado o servizo de recollida de lixo, debendo os residentes facer uso dos contedores situados na estrada de Castela ou na Finca Dopico.

Romero indicou que a empresa xa colocou nos portais dos inmobles da zona os pertinentes avisos, co fin de informar aos residentes e pediu de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estas medidas, necesarias para finalizar as obras de mellora no pavimento e humanización dos viais das Vivendas da Mariña.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.