Ortigueira pon en marcha un proxecto de autocoidado para mulleres

O programa, destinado a vítimas da violencia de xénero ou en situacións de vulnerabilidade, realizarase a través do Whatsapp
CARTAZ ORTIGUEIRA ARTE DE COIDARTE

O Centro de Información á Muller de Ortigueira ten aberto o prazo para inscribirse na iniciativa “A arte de coidarte”, un proxecto en liña especialmente dirixido a mulleres vítimas da violencia de xénero ou en situacións de vulnerabilidade. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 981 400 000.

As terapeutas Noelia Darriba e Naiara González, as dúas colaboradoras habituais do CIM ortegano, son as responsables dunha proposta que dará comezo o vindeiro día 1 de xuño e que ten no Whatsapp a súa principal ferramenta de desenvolvemento, a través da creación dun grupo coas persoas que se apunten para participar. Este grupo funcionará como rede de apoio e acompañamento emocional e a través del daranse tamén, semanalmente, pautas de autocoidado coa finalidade de que as mulleres aprendan a mimarse, permitirse, coñecerse, descansar e escoitarse.

A participación no proxecto non implica que sexa necesario expor situacións ou casos particulares; o seu obxectivo principal é facilitar estas ferramentas -que poden ser en forma de vídeo, audio ou PDF- a través do Whatsapp, de xeito que cada persoa poderá utilizalas cando o considere oportuno e lle sexa útil. A iniciativa está financiada a través do Ministerio de Igualdad (Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género) y o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.