Un obradoiro de moda e deseño inspirado no Camiño Inglés chega a Cabanas

Será impartido pola deseñadora luguesa Melania Freire, e permitirá descubrir as novas tendencias artísticas que se están a desenvolver en Galiza, co Camiño de Santiago como fío condutor
Melania Freire impartirá este obradoiro
Melania Freire impartirá este obradoiro

Cabanas acollerá este sábado, 29 de outubro, un obradoiro de deseño e moda inspirado na contorna, enmarcado dentro do proxecto “Residencias Creativas no Camiño”. Os talleres están dirixidos a todo tipo de públicos, aínda que principalmente están enfocados a profesionais estudantes do ámbito creativo, e teñen aberto o seu prazo de preinscrición. As persoas interesadas poden anotarse a través do formulario dispoñíbel na web cabanas.gal. As prazas son limitadas.

Será nun autobús singular de tipo inglés de dous pisos rotulado para a ocasión, que estará situado no aparcadoiro do Parque do Areal, entre as 10.00 e as 14.00, e de 16.00 a 20.00 horas. O obradoiro, de balde, será impartido pola deseñadora luguesa Melania Freire, e permitirá descubrir as novas tendencias artísticas que se están a desenvolver en Galiza, co Camiño de Santiago como fío condutor e principal fonte de inspiración.

Melania conta con experiencia nos ámbitos de moda, audiovisuais, artes escénicas, de docencia e investigación. Ademais, recibiu numerosos premios polos seus traballos, como o Mercedes-Benz Fashion Talent ou a Samsung EGO – MBFW Madrid. Residencias Creativas no Camiño chega a Cabanas tras o seu paso por Begonte, Muxía, e O Pino. Logo do seu paso por Cabanas, este sábado, achegarase ao concello de Vilar de Barrio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.