A Deputación de Lugo licita as obras de construción da residencia de Guitiriz por 2 millóns de euros

O orzamento sube un 30%, uns 450.000 euros máis, con respecto ó anterior proxecto
281022 Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación das obras para construír o Centro de Atención a Maiores de Guitiriz, cun orzamento de preto de 2 millóns de euros, coa previsión de que queden adxudicadas antes de final de ano. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou que o Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, “cumpre así co compromiso que avanzou durante o acto no que asinou coa alcaldesa de Guitiriz o convenio de colaboración para a construción da residencia”.

O orzamento sube un 30%, uns 450.000 euros máis, con respecto ó anterior proxecto, “un incremento importante que asume integramente a Deputación de Lugo”, destacou o Deputado, quen lembrou que a institución tivo que reiniciar o proceso “practicamente de cero”, despois de que un temporal provocara o colapso da Casa da Botica, o edificio no que estaba previsto albergar gran parte das instalacións. Neste sentido, Rivera Capón sinalou que foi necesario resolver o contrato coa empresa adxudicataria das obras; redactar o novo proxecto cuxa licitación aprobou hoxe a Xunta de Goberno, que tivo que validar o servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia; e aprobar e firmar un novo convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello.

Este proxecto “permitirá a construción dunhas instalacións máis modernas, con maiores prestacións, máis dimensionadas e mellor adaptadas ao modelo asistencial implantado pola institución provincial en colaboración cos concellos”, explicou Pablo Rivera, quen engadiu que se respectan os elementos patrimoniais catalogados e de interese da Casa da Botica, como son o reloxo de sol, as xambas e a lareira, que quedarán integrados no novo edificio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.