O festival de teatro de monicreques para nenos volve mañá a Ferrol

Mañá sábado ás 18.30 horas o centro cívico de Caranza acollerá a obra ‘Marionetes de Circo’
‘Marionetes de Circo’
‘Marionetes de Circo’

O Concello de Ferrol continúa coa programación cultural dirixida ao público infantil cunha nova actuación do ciclo infantil FESTEA, o Festival de teatro de monicreques para nenos, totalmente de balde, que se desenvolve na cidade ata finais de novembro.  Mañá sábado, 29 de outubro, ás 18.30 horas, o centro cívico de Caranza acollerá a obra ‘Marionetes de Circo’, da compañía Rui Sousa Marionetas (Portugal). O festival continuará o sábado 5 de novembro, ás 18.30 horas, tamén en Caranza, con ‘Juan Feroz e Lobo López’, da compañía madrileña Hilando Títeres.

O día 13 de novembro, ás 12.30 horas, no Teatro Jofre, os pequenos poderán ver ‘A cazola de Lola’, de Tanxarina (Galicia), e o día 19 de novembro no Ateneo Ferrolán actuará ás 18.30 horas a compañía italiana La Baracca Testoni Ragazzi coa obra ‘Unha historia boca abaixo’. O día 20 de novembro, no centro cultural Torrente Ballester, ás 12.30 horas, representarase ‘Casa’, tamén da compañía italiana. O festival deseñado polo Concello de Ferrol rematará o día 26 de novembro no centro cívico de Caranza, ás 18.30 horas, coa obra ‘As marionetas tamén teñen corazón’, da portuguesa Rui Sousa Marionetes.
Aínda que todas as actuacións son de balde, é necesario retirar invitación previamente no despacho de billetes do Teatro Jofre. Poñeranse a reparto o martes anterior á función no horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas de luns a venres e de 11 a 13 horas o sábado. Os sábados e domingos de función estará aberta tamén dous horas e media antes da actuación. No caso de que a obra se celebre nun espazo diferente ao Teatro Jofre poderanse retirar tamén alí se aínda hai invitacións libres.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.