Unha orquesta para a mocidade en Lugo

Baixo o nome de Terra Nova e dirixida polo músico Nicolás Ravelli Barreiro, a agrupación está aberta a todo aquel que queira apuntarse
Concello de Lugo
Concello de Lugo

A concellería de Xuventude de Lugo inclúe este ano, por primeira vez entre as súas actividades, o impulso da creación dunha orquestra pensada para a mocidade, coa intención, sostén a alcaldesa, Lara Méndez, “de contribuír a continuar a súa formación musical, ampliando así os seus horizontes artísticos na cidade. Estamos ante os grandes profesionais que mañá mesmo asegurarán a continuidade das grandes orquestras, polo que queremos axudar a impulsar o seu enorme talento”.

O obxectivo é crear unha agrupación musical estable en Lugo, denominada Terra Nova, dirixida a intérpretes de instrumentos de orquestra, de entre 15 e 35 anos de idade. Ao fronte deste proxecto, apunta o concelleiro Mauricio Repetto, está o prestixioso músico bonaerense residente na cidade, Nicolás Ravelli Barreiro, pianista, director e docente, que conta cunha dilatada experiencia artística internacional e que lanzou varias experiencias de contrucións colectivas como o proxecto LiceOpera, en Arxentina. “É importante darlle un respaldo institucional a estas iniciativas para crear oportunidades tamén nos eidos culturais vinculados cos intérpretes instrumentalistas que se están iniciando”.

Neste senso, a rexedora apuntou que este tipo de proxectos complementan a formación que xa se imparte desde a Escola Municipal de Música e a que tamén desenvolven outras agrupacións musicais moi asentadas en Lugo.

Con este fin, desde este sábado, día 5, ábrese a oportunidade de que os mozos e mozas interesados poidan participar nesta actividade de xeito gratuíto. A formación desenvolverase todos os sábados, de 11:00 horas a 14:00 horas, na Casa da Xuventude, “de forma que Terra Nova terá un espazo local onde a mocidade poña en práctica os seus coñecementos”. Os e as interesadas deberán inscribirse previamente en formulario.xuventudelugo.gal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.