Dúas universitarias cursan estudos no campus de Ferrol grazas ás axudas da Fundación Mulleres por África

María Reyes Obono é titulada en Arquitectura Técnica pola Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial e Harriet Kumi está matriculada no Programa de Doutoramento en Física Aplicada
María Reyes Obono e Harriet Kumi no campus de Ferrol
María Reyes Obono e Harriet Kumi no campus de Ferrol

A Universidade da Coruña e a Fundación Mulleres por África asinaron, o pasado mes de xullo, un convenio de colaboración para a posta en marcha do Programa de Bolsas Learn África no Campus Industrial de Ferrol. María Reyes Obono e Harriet Kumi son as dúas estudantes seleccionadas no marco deste convenio e, desde hai un par de semanas, continúan a súa formación académica na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e no Centro de Investigacións en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).

María Reyes Obono (Malabo – Guinea Ecuatorial, 1994) é titulada en Arquitectura Técnica pola Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial e, desde hai un par de semanas, cursa o máster en Enxeñaría en Deseño Industrial que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). A súa bolsa para cursar estudos de postgrao no Campus Industrial de Ferrol no curso 2022/23 cubre os gastos derivados da súa matrícula, a súa viaxe de ida e volta, un seguro médico, o aloxamento na Residencia Universitaria Pública de Ferrol e a súa manutención. A maiores, a alumna poderá realizar, de xeito totalmente gratuíto, un curso de español no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.

Harriet Kumi (Kumasi – Ghana, 1992) cursou un máster en Nanociencia na Universidade do País Vasco e, actualmente, está matriculada no Programa de Doutoramento en Física Aplicada. Baixo a titorización do investigador Ramón y Cajal da Universidade da Coruña, Saúl Beceiro, continuará afondando no campo da física nuclear no Centro de Investigacións en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). A súa bolsa para cursar estudos de doutoramento no Campus Industrial de Ferrol no curso 2022/23 cubre os gastos derivados da súa matrícula, a súa viaxe de ida e volta, un seguro médico, o aloxamento na Residencia Universitaria Pública de Ferrol e a súa manutención.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.