O BNG pide alternativas para os clubs ante o peche da piscina de Caranza

Creen que o goberno local debería solicitar ao Ministerio de Defensa a utilización da piscina de Batallóns
Piscina de Caranza
Piscina de Caranza

O Bloque Nacionalista Galego no concello de Ferrol exixiu esta mañá ao goberno local que busque unha alternativa ao peche do complexo deportivo Javier Gómez Noya e facilite aos clubs afectados un lugar onde poder desenvolver a súa actividade mentres estas instalacións están fóra de servizo.

Iván Rivas, portavoz municipal, insistiu en que de igual maneira que o Ministerio de Defensa recorre ao concello cando precisa algunha instalación municipal o goberno local debería solicitar ao Ministerio de Defensa a utilización da piscina de Batallóns para resolver esta incidencia ou facilitarlles aos clubs a utilización da piscina da Malata.

«Non é a primeira vez neste mandato que se pon enriba da mesa a necesidade que ten a nosa cidade de contarmos cunha nova lámina de auga, demandada tanto polas usuarias que demandan acudir a unha piscina como polos clubs deportivos cos que conta o concello», explican desde o BNG

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.