Lara Méndez reivindica as conexións ferroviarias e viarias da cidade no Encontro do Noroeste

A alcaldesa destacou que Lugo "necesita ese pulo ás infraestruturas para ser competitivo co resto dos territorios”
Concello de Lugo
Concello de Lugo
PUBLICIDAD

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estivo presente esta maña no ‘Encontro do Noroeste’ en Santiago onde participaron as Confederacións Empresariais de Galicia, Asturias e Castela e León e representantes de entidades públicas e privadas, onde defendeu, unha vez máis, a necesidade de seguir impulsando as conexións ferroviarias e viarias de Lugo co resto de Galicia, coa meseta e con Europa “para que podamos ser competitivos tanto no tráfico de mercadorías como de pasaxeiros”.

A rexedora aplaude que o empresariado se implique na defensa das infraestruturas galegas “porque a unión entre as Administracións e os sectores económicos será clave para avanzar nas conexións do noso territorio, avances que tamén se están a reclamar desde a cidadanía”, sostivo, “e neste apoio, reivindicación e planificación sempre estarei como alcaldesa, defendendo os intereses da miña cidade xa que, a pesar dos fortes investimentos que se están a desenvolver nestes intres, necesitamos aceleralos, aproveitando os fondos europeos porque levamos anos de moito atraso pola inacción de Goberno anteriores”

.
Neste escenario, Méndez destacou que Lugo se está a posicionar como unha urbe á vangarda, “pero necesitamos ese pulo ás infraestruturas para ser competitivos co resto dos territorios”. Neste senso, lembrou a urxencia de acelerar a conectividade con Santiago, Coruña e Ourense, sen esquecer a importancia que terá que Lugo se inclúa no Corredor Atlántico de mercadorías Ferrol – Coruña – Betanzos – Lugo – Monforte, tendo en conta a creación dos nodos portuarios de A Coruña e Ferrol dos que o municipio e a súa actividade económica non poden quedar illados.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.