Cabanas organiza un obradoiro de fotografía co foco posto nas emocións

A actividade divídese en dúas sesións, que decorrerán os sábados 14 e 21 de xaneiro
dallas-center-for-photography-BWS3-800x533

A área de igualdade do Concello de Cabanas vén de anunciar o obradoiro fotográfico “Retratos e emocións”, que ten por obxectivo achegarse á fotografía cunha perspectiva feminista e co foco posto nas emocións como elementos comunicativos. O obradoiro dividirase en dúas sesións que terán lugar os sábados 14 e 21 de xaneiro, en horario de 11.30 a 13:00 horas, e terán lugar no Apeadoiro do Areal e os seus arredores. Neles, as participantes aprenderán sobre a luz, a composición e diferentes tipos de retratos para transmitir as ideas e mensaxes.

Para tomar parte destes obradoiros non se precisa de experiencia previa, xa que a formación estará adaptada aos diferentes graos de coñecemento. As participantes poderán empregar as súas propias cámaras dixitais – se dispoñen delas – ou a cámara do teléfono móbil. Para participar faise necesario realizar inscrición previa enviando os datos de contacto ao correo [email protected] ou chamando ao teléfono 649 075 263.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.