Os maiores lucenses visitarán o complexo histórico-artístico de Sargadelos

A saída cultural será o venres, 27 de xaneiro, e os participantes tamén viaxarán ata a vila de Viveiro
Imagen de archivo de Olga López en una de las anteriores salidas
Imagen de archivo de Olga López en una de las anteriores salidas

O Concello de Lugo oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural. Trátase dunha saída ao complexo histórico e artístico de Sargadelos e tamén á vila de Viveiro.

Así o deu a coñecer esta mañá a concelleira Olga López Racamonde, quen anunciou que a saída terá lugar o venres, 27 de xaneiro. A xornada arrincará ás 09:30 horas dende a Praza de Bretaña,regresando ao mesmo punto sobre as 20:30 horas. Os veciños que participen nesta excursión municipal visitarán a Real Fábrica e o Museo Histórico de Sargadelos, e posteriormente viaxarán ata a vila de Viveiro. A entrada ao complexo histórico-artístico corrrerá a cargo do Concello e o xantar, a cargo das persoas participantes.

Esta primeira saída cultural do ano está pensada, unha vez máis,como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero mantense aberta a toda a veciñanza. A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse dos días 16 ao 20 de xaneiro, ou ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo ou Uxío Novoneyra, en horario das 10:00 ás 13:00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.