Comenzan as obras de mellora e accesibilidade na rúa Casilla das Pontes

O proxecto, cun orzamento de 86.491 euros, permitirá eliminar al barreiras arquitectónicas da vía
ruacasilla

O Concello das Pontes puxo en marcha as obras de rehabilitación da Rúa Casilla. Un proxecto, cun orzamento de 86.491 euros,  financiado pola Deputación da Coruña. Esta actuación pemitirá mellorar a pavimentación e a accesibilidade na marxe dereita do viario, entre as rúas Eduardo Pondal e a Praza da Lembranza, dando resposta á demanda da veciñanza para impulsar a contorna, eliminar as barreiras arquitectónicas e mellorar a mobilidade na zona, aumentando a calidade de vida dos veciños e veciñas.

As obras permitirán a substitución da pavimentación actual por formigón impreso e a  renovación dos servizos públicos municipais. Durante a duración dos traballos procederase ao peche da rúa Curros Enríquez no tramo comprendido desde a  Rúa Casilla ata a Rúa Portorroibo.

Na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxética do municipio,  o Concello procederá a retirar as luminarias actuais, situadas nas fachadas dos edificios, e o cabreado existente, para substituílas por novos báculos e puntos de luz, con tecnoloxía LED, situados na beirarrúa.

Acometerase á renovación das instalacións de saneamento, coa construción dunha rede separativa de augas pluviais e fecais que incluirá a creación de arquetas para a recollida das acometidas individuais das edificacións así como as acometidas dos sumidoiros e de recollida das augas procedentes dos domicilios e disporanse pozos de rexistro separativos e levarase a cabo a adaptación dos rexistros existentes.

 

Relacionada: As Pontes invertirá máis de 100.000 euros en mellorar as vías das parroquias

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.