«Dile a Pilar que mueva el culo y venga para la reunión»

Estos foron, presuntamente, os termos usados polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo á voceira socialista do goberno provincial
Imagen de archivo de Javier Arias, delegado de la Xunta en Lugo
Imagen de archivo de Javier Arias, delegado de la Xunta en Lugo

“Dile a Pilar que mueva el culo y venga para la reunión, que deje de hacer tiempo en el despacho, que nos conocemos”. Estos foron, presuntamente, os termos usados polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz, á voceira socialista do goberno provincial e deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, sabendo que ela se ía a presentar á reunión sobre o convenio colectivo dos bombeiros do Consorcio Provincial, convocada para onte pola mañá no Pazo de San Marcos co consenso da administración provincial e autonómica.

Nunha nota de prensa, Javier Arias describiu que os «interlocutores necesarios son o Presidente da Deputación e o Secretario». Desde os socialistas, califican estas declaracións como «un desprezo» e “unha falta de respecto de extrema gravidade” cara a deputada.

Defenden que o comportamento «intolerable» agravouse aínda máis pola tarde, no transcurso dun evento institucional celebrado no Vello Cárcere de Lugo –a clausura do II Encontro de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento-, onde a deputada se sentiu “intimidada no medio dun acto público” polos comentarios que Javier Arias lle fixo de maneira continua e insistente, diante dos xornalistas gráficos e as persoas que participaron no evento, con recriminacións como: “No te lo perdono”, “os habéis pasado”, “tú eres la maleducada”, “te estoy hablando, hazme caso”.

A deputada pediulle respecto, e que recuperara “os modais e as formas para falar”. A persistencia das alusións, da que foron testemuñas as persoas presentes, provocou tal incomodidade na deputada que se retirou evitando que a situación fora a maiores e que se prexudicara o desenvolvemento do acto, a cuxa organización tamén entende o PSdeG que lle estaba faltando ao respecto Arias Fouz con esta actitude “totalmente fóra de lugar e incomprensible».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.